martes, 17 de junio de 2008
YHOSVANY PALMA
martes, 10 de junio de 2008
ATAQUE ESCAMPE
INAUGURA UTOPÍA SON III
A banda desdenhada (entre o leo e o mamoneo)
Entre unha vintena de participantes, algúns deles cunha calidade que parecería inxusto que non gañasen, estaba aquela demoledora, audaz, sarcástica, canción de ATAQUE ESCAMPE. Un escuro salmo roto, desgarrado, desesperado e tolo, de loita e derrota, de resistencia e insistencia. Palabras escritas con navallas afiadas, nihilismo redimido por un humor encabuxado, pesimismo enraizado na desesperación que produce a impotencia ante a barbarie na que nos fan vivir os amos do mundo, a confusión de quen se sabe con razón pero sen forza, e sofre a forza dos que lle importa un carallo a razón. Subliñado todo por unha melodía sinxela e eficaz que nun case recitado reforzaba unha letra que se move polo fío dos pesadelos dalgún xuíz. E sobre todo, soaban a algo novo.
As limitacións do grupo, reducido, precario, primitivo, movéndose entre os límites imposibles que hai entre un cazú e un violín, deixaban a ese “Afganistán Canto”, espido, case en carne viva. Son sen adornos para unha letra de desesperado humor… ou amor… ou temor… Ás veces a vida convirte en virtude o defecto.
Cancións como balas envolvidas no celofán do sarcasmo, outras envoltas en tenrura de estraza. Poesía crúa e dura. Unha estraña harmonía onde ata os aparentes “happy end” teñen o resaibo amargo do cine negro, quizais de serie B.
"Joder" Volvía haber palabras e intelixencia nese xigantesco vertedoiro de ditas e desditas amorosas en que se converteu a canción. Poesía de verdade, de vísceras, que non repite fórmulas repetidas e repetidas ata a nausea. Hai boas cancións, hai bos cantantes, hai bos músicos; hai un millón de cancións que falan de amores felices, e dez millóns que falan de amores desgraciados, hai moito cante e moito cantante, moitos… pero cantos nos dan iso que os xitanos chaman “pellizco”. Iso que nada sabe de fa sostido, nin de tons, nin de corcheas, nin de brancas nin de negras pero que nos conmove ata os bemoles. Iso que en metade do alubión sonoro que nos rodea durante todas as horas de todos os días, páranos e nos “pellizca”. É o inaprensible, o misterio, a maxia.
E sobre todo, está a voz, a interpretación, dun cantante que se sae de calquera molde. Expresividade e orixinalidade vinda dalgunha cidade galega fundada nalgunha afastada galaxia. Estamos seguros de que terminaremos colocando a Alex Charlón nun pedestal máis alto que o que ten a escultura que Leiro chamou “Anxo Caído”, e os vigueses “Sireno”
Cando no 2006 ATAQUE ESCAMPE subiu ao escenario do café UF soubemos que debiamos seguir adiante con aquel proxecto que era UTOPÍA SON. E se conseguimos darlle un pequeno alento para que percorran uns metros máis de camiño serviría para moito. Desde logo a nós déronnos unha razón para percorrer, polo menos, dúas UTOPÍAS SON máis.
Volveron a actuar varias veces máis neste escenario, a última vez que o fixeron foi para inaugurar esta III MOSTRA e presentar o seu disco GALICIA ÉS UNA MIERDA, e sempre se produce a mesma maxia
Son o noso amuleto da sorte, o talismán de UTOPÍA SON.
Do seu novo disco falaremos máis adiante, agora estamos gozándoo. Gústanos, gústanos moitísimo. Un traballo ben feito. Sabiamos que sería así.
UTOPÍA SON
lunes, 9 de junio de 2008
MORAU
Coa edición do cuarto disco titulado 'Kalamidadiak' e no que está acompañado polo grupo Agotak., trátase dun traballo distinto ao anterior, denominado 'Txukalda', xa que está composto por cancións creadas «pensando no grupo», o que dá lugar a un ramallete de composicións coa «forza e velocidade do rock and roll», engadindo a «frescura e os refráns tarareables do power pop».
martes, 3 de junio de 2008
lunes, 26 de mayo de 2008
Comeza "Utopía Son III"
A terceira edición de "Utopia Son" comeza con tres concertos :
- Sanson Opare (Ghana) hip-hop. O venres dia 30 de maio ás 23,30 h.
- Morau (Andoni Tolosa) de Euskal Herria presenta ou seu último disco "KALAMIDADIAK" . Sábado 31 de maio ás 23.30 h.
- Ataque Escampe gañadores dá 1ª Mostra de Canción de Autor "Utopia Son" apresentan ou seu disco "Galicia es una mierda" . Sábado 7 de xuño ás 23´30 h.
jueves, 15 de mayo de 2008
Maio do 68

É moi probabel que na memória colectiva de quenes viveron aquel ano ficase como acontecimento mais simbólico do modesto "maio español" o recital que o cantante Raimon deu o 18 de maio na Faculdade de Ciéncias Políticas e Económicas da Universidade de Madrid. En efeito, ese acto, celebrado finalmente coa autorización do decano pese ás presións policiais, transformou-se nunha verdadeira asamblea multitudinária non só de estudantes se non tamén de xovens traballadores que empezaban a construir as primeiras Comisions Obreiras Xuvenis e que por primeira vez entraban nun recinto universitário. no transcurso do mesmo o apoio á figura do Che, vítima do exército bolivano en outubro do ano anterior, ou á "Comuna" estudiantil francesa e á sociedade vietnamita, xunto á denúncia da ditadura e da oligarquia española, foron algunhas das suas manifestacións mais destacadas. Á saída dese acto a cadráncia dun grupo de manifestantes na estrada Da Coruña co carro en que viaxaba a princesa Sofía xenerou momentos de pánico na "ilustre" pasaxeira e a sua escolta que se converteron entón na anécdota da xornada; pero, mais alá dese incidinte, o eco desas accións non pudo ser silenciado pola prensa e correu por todo o país. A canción que dedicou Raimon anos mais tarde a ese acontecimento ("18 de maig á 'Vila'") contribuiria a facer imborrabel a sua lembranza.
%2520438.jpg)


