jueves, 15 de mayo de 2008

Maio do 68




“Per unes quantes hores ens várem sentir lliures, i qui ha sentit la llibertat té més forces per viure. De ben lluny, de ben lluny, arribaven totes les esperances, i semblaven noves, acabades d’estrenar; de ben lluny les portávem”.



É moi probabel que na memória colectiva de quenes viveron aquel ano ficase como acontecimento mais simbólico do modesto "maio español" o recital que o cantante Raimon deu o 18 de maio na Faculdade de Ciéncias Políticas e Económicas da Universidade de Madrid. En efeito, ese acto, celebrado finalmente coa autorización do decano pese ás presións policiais, transformou-se nunha verdadeira asamblea multitudinária non só de estudantes se non tamén de xovens traballadores que empezaban a construir as primeiras Comisions Obreiras Xuvenis e que por primeira vez entraban nun recinto universitário. no transcurso do mesmo o apoio á figura do Che, vítima do exército bolivano en outubro do ano anterior, ou á "Comuna" estudiantil francesa e á sociedade vietnamita, xunto á denúncia da ditadura e da oligarquia española, foron algunhas das suas manifestacións mais destacadas. Á saída dese acto a cadráncia dun grupo de manifestantes na estrada Da Coruña co carro en que viaxaba a princesa Sofía xenerou momentos de pánico na "ilustre" pasaxeira e a sua escolta que se converteron entón na anécdota da xornada; pero, mais alá dese incidinte, o eco desas accións non pudo ser silenciado pola prensa e correu por todo o país. A canción que dedicou Raimon anos mais tarde a ese acontecimento ("18 de maig á 'Vila'") contribuiria a facer imborrabel a sua lembranza.

No hay comentarios: