jueves, 31 de julio de 2008

Barcevedra trío + uno

Os luns de xullo e agosto ás 23 h. No Café UF. R/Pracer 19 Vigo

Rubén Fernández, voz
Héctor Agulla, batería
Xavi Núñez, teclados
Alex, bajo

miércoles, 23 de julio de 2008

EXPEDIENTE OCULTO

Concerto Sábado 19 ás 24h.



No Merecen Vivir (Expediente Oculto)

martes, 22 de julio de 2008

MARATON MUSICAL II


XOVES 24 DE XULLO:

“12 HORAS CON… BREL, BRASSENS, FERRÉ”
Quizais esta triada de xenios da canción francesa sexan os máis grandes cantautores da historia da canción de autor tal como hoxe a entendemos. Velos actuar supón unha experiencia inesquecible.
Desde as 12 da mañán ás 12 da noite.

AKA Golpe Letal

Concerto do venres 18 ás 24 h.


Levanta una mano (AKA golpe letal)

viernes, 18 de julio de 2008

A NOSA ARMA É A PALABRA

Unha canción dun grande compositor chileno, Osvaldo Torres, lembra o tempo en que: A memória era o libro, e a palabra era un rio que baixaba do avó ao pai e do pai ao fillo.
Esta frase fala-nos da importáncia da comunicación (ou sexa, a transmisión de coñecementos e sentimentos), dentro da comunidade e tamén dunha xerazón a outra.
Nun pobo sen escritura, só a tradición oral era capaz de manter viva a cultura e a memória. Os griots, antigos poetas-músicos africanos que cumplían esta función educativa na tribo, contaban unha história en verso, rimando-podia ser unha lenda, un mito, un conto chistoso, ou a história dunha família. Todos os seus poemas tiñan unha moraleja, un ensino, sabedoria. Estas son as orixes, as raices profundas do rap. Rap non é unha música, se non unha forma literária, metade poesia, metade conto, co seu próprio rítmico e fonético. Pode-se rapear sobre calquera tipo de música, desde o mais étnico até o mais contemporáneo. Ademais, o rap, ao chegar a un país determinado, toma as características musicais, jergas, ritmos e contidos do lugar, e acaba sendo parte da identidade local, tan natural como o linguaxe universal, as palabras mesmas. neste sentido, hai unha forte conexión entre África e América encanto á importáncia cultural da rima e o canto.





O rap ademais ten unha faceta competitiva e divertida no cual dous rapeiros (ou MCs) "batallan" ao facer versos improvisados (freestyle), cada un tentando superar ao outro. É unha tradición que atopa as suas raices nos xogos orais dos escravos africanos en Norteamérica, que pasaban o tempo inventando pequenos chistes ou rimas (moitas veces para ofender ao amo de forma oblícua, ,ja! humor subversivo!). Até a palabra "rap" significa falar, chacharear, huevear, no fondo é como "tirar tallas", divertir-se cos ditos, a picardia e a creatividade do linguaxe popular. Esta improvisación rimada ten parentes moi cercanos en distintos tipos de poesia tradicional latinoamericana, como as coplas de Colombia, as inesquecíbeis competéncias de destreza vogal e verbal dos mexicanos Jorge Negrete e Pedro Infante, as bombas puertorriqueñas, ou mais , a paya en Chile. Os payadores pratican esta mesma arte de improvisar versos en competéncias amistosas: descreben realidades locais, contan histórias, mesmo denuncian inxustizas sociais. Por iso os rapeiros consideramo-nos "payadores da nova era".
¿Cando nace o rap? Ninguén sabe con seguranza, pero unha vez un grande músico, o mestre Quincy Jons, dixo que se lembraba que cando neno escoitaba xovens rapeando na esquina do seu bairro allá polos anos 30. O mesmo Jons dixo tamén que a história da música afro-americana é como un iceberg de xelos moi profundos (as raices africanas, espirituais, gospel, blues, jazz, rock, funk), onde o rap é a ponta do iceberg. Desde a chegada do rap, non se criaron novos tipos de música nesta tradición, só xurdiu a fusión delas. E cando o rap atinxiu finalmente o praza mundial (despois de anos de olladas suspeitosas), provocou un verdadeiro estoupido cultural, político e social.

Pero falemos tamén que din as letras de rap hoxe. Greg Tate, un poeta, xornalista e músico, unha vez escrebeu que o hip-hop é "o inverso do capitalismo, o reverso do colonialismo... É o mundo que construiu o amo de escravos, pero transformado por un golpe futurístico negrificado. Mentres o capitalismo di-nos que o valor dunha persoa está na sua conta bancaria e a montaña de bens que acumula, o hip-hop naceu para nos lembrar que o verdadeiro barómetro do valor humano é a profundidade da sua alma.
Mentres o colonialismo, en todo o mundo, pariu un tipo de inxustiza tras outro (racismo, clasismo, machismo, etc.), o hip-hop concebiu-se nos blocos, as povoazóns, e as mediaguas para unir ritmo e mensaxe, co obxectivo de unificar á xente dentro e a través de tribos e raias raciais".

O rap, sen dúvida, é a cara da cultura hip-hop, e o rap político é a eséncia verdadeira deste fenómeno mundial, ainda que hoxe os grandes selos transnacionais só mostran a cara do rap que eles queren mostrar; por exemplo, o gangsta rap, (rap que fala só de pandiñas, diñeiro e sexo). Sen embargo, non poderán tapar nunca o rap mas radical... o rap do ghetto, da pobla, fresco e bullicioso... ése que contén amor e rebeldia... ése que fan os que ainda manteñen o contacto coa sua comunidade (e coa realidade)... Son eses rapeiros que din "Libertade a Mumia" en EEUU e "Xuízo aos culpabeis" en Sudamérica... os que tocan para reunir fondos para escolas, centros culturais e organizacións comunitarias... rapeiros que asumen a responsabilidade da sua mensaxe: positividade e educación para a comunidade... ése é o verdadeiro rap, o verdadeiro hip-hop, o que non se vende, se non que se vende... En definitiva, sentimos que un verdadeiro rapeiro non é o que nace para ser estrela, se non o artista-loitador que nace novamente cada dia, que nace hoxe como un griot do futuro, criando arte capaz de revolucionar o seu tempo e energizar o seu pobo, de manter vivas as tradicións de resisténcia e comunidade, transmitindo-as ás novas xerazóns... O rapeiro de hoxe debe tomar o seu destino nas suas próprias mans, conservando a memória, o orgullo, a loita, a identidade, a cultura, e sobre todo as utopias...

lunes, 14 de julio de 2008

Chicho Sánchez Ferlosio

O día do señor martes un de xullo de 2003 faleceu o chamado Jose Antonio Sánchez Ferlosio, Chicho nas súas demostracións artísticas. A noticia, menos mal, tivo un eco mediano nas páxinas necrológicas dos periodicos, pero practicamente todos tiraron de axencia para un feito que, de estar á altura das circunstancias, debe ser non só primeira páxina, senón ademais arrastrar con ela a un caderno pequeno central que explicase que con el morría unha época de ilusión e unha parte que se intenta enterrar a paladas de escavadora da historia do noso país.
Porque resulta que o cabaleiro Chicho Sánchez Ferlosio e demasiado incómodo para o poder cultural deste país, que lentamente foi absorbido por tendencias políticas que á súa vez foron absorbidas por intereses empresariais, ás veces extranacionales e en demasiadas ocasións vulgares.

Por iso non interesa recordar a súa figura, porque a moitos dos que ostentan agora intereses mediáticos débelles de resultar avergonzante acordarse del e pensar que deixaron os mesmos ideais -bos ou malos, que máis dá, pero os seus- nalgún lugar do seu pasado.


Chicho Sánchez Ferlosio foi sempre un librepensador, no sentido máis honrado do termo, e atacou sempre a estupidez viñese de onde viñese. É evidente que calquera cousa que el fixese agora parece rancísima, case envolvida no mesmo filtro que Sete días de xaneiro ou que os documentais sobre a transición, pero nesta época que se quere facer desaparecer da face do noso país e que vai do 76 ao 79 alguén debe contar que pasaron episodios interesantes e que foi unha das de máis espontaneidade, libertinaje e paixón da nosa historia. Todo o mundo tiña unha tribuna porque as clases políticas estaban preocupadas por morder máis rápido un anaco do pastel e pasaban totalmente do que ocorría na rúa. Aínda que iso levase a ter que aguantar a algún pelma, a voz dos que nunca a teñen porque xa non é unha censura puntual o que sofren senón que o sistema enteiro levounos extramuros, puido entrar ao convento, que estaban as portas abertas.


Como cantante foi estraño, desde logo nas antípodas de calquera escena, actitude ou panoplia que se poida observar hoxe en día. Só logrou editar dous discos: un single a dúo con Rosa Jiménez en Novos Medios e o inencontrable e á vez olvidadísimo Lp de Dial no 78, A Contratiempo . Os que temos a fortuna de gozar deste disco podémonos atopar con salmodias en latín que intentaban adaptar cantos goliardos, letras de Carmen Martín Gaite, romances medievais, unha parrafada da Divina Comedia, pastiches de Horacio; todo entre arranxos pretendidamente básicos -ata algunha canción está sacada do radiocasette caseiro- e unha voz ás veces ridículamente aguda, ás veces hondamente valleinclanesca, sempre atractiva.
Un artefacto tan estraño non pode menos que resultar san en tempos de corrección estética, cando xa ningún contido pode sorprender, cando ninguén se atrevería a citar nunha canción a Tolomeo. E aparte de “Gallo rojo, gallo negro”, pequeno hit á conta de Dyanes 6 con megáfono e por iso caduco, non deixa de resultar sorprendente a decisión de que o amor é o único non enganoso de “Si las cosas no fueran” ou o sorprendente anarquismo vital de “Hoy no me levanto yo”, épica história do que persiste no seu camastro facendo caso omiso do mundo que xa non lle interesa mentres que o mundo en forma de familia, poderes fácticos ou habitantes do averno intentan custe o que custe que se levante. "Aunque a nadie le hagas falta/allí te vienen a hurgar" unha letra que resume a única liberdade fundamental do individuo: o que che deixen en paz cando ti o decides.
Por iso é tan incómodo e por iso ninguén se atreve a enfrontarse a el hoxe en día. As súas opinións resultaban molestas para calquera agrupación, do tipo que sexa, porque son alleas a calquera dogmatismo, defendía o que a intelixencia consideraba banal e consideraba banal o que a intelixencia cría razón última do estado. Porque non hai cousa que máis moleste a calquera sistema de normas que as persoas que viven sen elas, moito máis que os que as critican, porque estes entran no xogo e ao mesmo tempo fanas fortes. Por iso deben de esquecerse deste señor. Todos van procurar que non exista.

Fonte: Hoy no me levanto yo

FÁTIMA BAÑA

O xoves 10 actuou Fátima Baña, presentou tres cancións:

  • Amapolas
  • Olvidaste lo importante
  • Punto y aparte



Amapolas

miércoles, 9 de julio de 2008

BARCEVEDRA trío



Os luns de xullo e agosto ás 23 h. No Café UF. R/Pracer 19 Vigo

miércoles, 2 de julio de 2008

CINE MUSICAL

XULLO
  • Martes e Domingos ás ás 20,30 e 22,30h.
AGOSTO
  • Todos os Martes ás 22,30 h.
SETEMBRO
  • Todos os Martes ás 22,30h.

Organizado polo CINECLUBE UTOPÍA CINEMA (r/do Pracer 19 sótano Vigo)

MARATÓNS MUSICAIS

DOCE HORAS CON…

XOVES 3 DE XULLO:

  • “A HISTORIA DO JAZZ EN 12 HORAS”
    Monumental historia do jazz desde a sùa oírxe até hoxe. Os seus grandes intèrpetes, as correntes, as actuacións… unha obra imprescindible para coñecer a música máis influente do S.XX.
    Desde as 12 da mañán ás 12 da noite.
XOVES 24 DE XULLO:
  • “12 HORAS CON… BREL, BRASSENS, FERRÉ”
    Quizais esta triada de xenios da canción francesa sexan os máis grandes cantautores da historia da canción de autor tal como hoxe a entendemos. Velos actuar supón unha experiencia inesquecible.
    Desde as 12 da mañán ás 12 da noite.

XOVES 14 DE AGOSTO:

  • “A HISTORIA DO ROCK EN 12 HORAS”
    A historia completa desde estilo músical que, a pesar de ser o fillo bastado do blues, convertiuse na música máis popular do século XX, chegando a dar uns froitos que ningún outro estilo de música popular acadou.
    Desde as 12 da mañán ás 12 da noite.


XOVES 3 DE SETEMBRO:

  • “12 HORAS CON… COHEN, DYLAN, WAITS”
    Os tres grandes xenios da canción en inglés. Son outra cousa. A sua calidade trascende a canción elevándoos a categoría de grandes poetas. Son indiscutibles, incuestionables. Como se de deuses se tratara, máis que seguidores, teñen fieles.
    Desde as 12 da mañán ás 12 da noite.

XOVES 24 DE SETEMBRO:

  • “XENIOS DO BRASIL”
    A aportación de Brasil a música popular é inconmensurable. Só hai que pronunciar Bossa Nova para comprender o que ese país lle regalou o mundo. Nomes como Jobín, Vinicius, Gilberto, Milton Nascimento, Ellis Regina, Chico Buarque, Tom Ze, Caetano Veloso, María Betania… por si sós evocan a fonte inagotable e fasciante da música brasileira.
    Desde as 12 de mañán ás 12 da noite.

Proxeccións no local do cineclube UTOPÍA CINEMA r/ do Pracer 19 sótano Vigo

“VOZ DE MULLER”

CICLO SOBRE A MULLER NA CANCIÓN
Dentro das actividades da MOSTRA está o ciclo "VOZ DE MULLER".
Ao longo de 34 sesións fará un amplo percorrido polas voces femininas mais importantes que en distintas épocas, estilos e culturas representaron á muller na sua faceta de intérprete e compositora.
Comezaremos con "A MULLER NO JAZZ"e seguimos EN DISTINTOS ESTILLOS.
JAZZ
  • Venres 27 de Xuño ás 20 h. Sábado 28 de Xuño ás 20 h Luns 30 de Xuño ás 20 h. Martes 1 de Xuno ás 20 h. Mércores 2 de Xullo ás 20 h. Venres 4 de Xullo ás 20 h. e 23 h. Sábado 5 de Xullo ás 20 h. ás 23 h.

EN DISTINTOS ESTILLOS

XULLO

  • Todos os Mércores ás 20 h. e 23 h.

AGOSTO

  • Todos os Mércores ás 20 h. e 23 h.

SETEMBRO

  • Todos os Mércores ás 20 h. e 23 h.

martes, 1 de julio de 2008

Cesar de CENTI & Ángel Alonso


Se me queres non me pegues (Angel Alonso, Pedro Alisedo)