DOCE HORAS CON…
XOVES 3 DE XULLO:
- “A HISTORIA DO JAZZ EN 12 HORAS”
Monumental historia do jazz desde a sùa oírxe até hoxe. Os seus grandes intèrpetes, as correntes, as actuacións… unha obra imprescindible para coñecer a música máis influente do S.XX.
Desde as 12 da mañán ás 12 da noite.
XOVES 24 DE XULLO:
- “12 HORAS CON… BREL, BRASSENS, FERRÉ”
Quizais esta triada de xenios da canción francesa sexan os máis grandes cantautores da historia da canción de autor tal como hoxe a entendemos. Velos actuar supón unha experiencia inesquecible.
Desde as 12 da mañán ás 12 da noite.
XOVES 14 DE AGOSTO:
- “A HISTORIA DO ROCK EN 12 HORAS”
A historia completa desde estilo músical que, a pesar de ser o fillo bastado do blues, convertiuse na música máis popular do século XX, chegando a dar uns froitos que ningún outro estilo de música popular acadou.
Desde as 12 da mañán ás 12 da noite.
XOVES 3 DE SETEMBRO:
- “12 HORAS CON… COHEN, DYLAN, WAITS”
Os tres grandes xenios da canción en inglés. Son outra cousa. A sua calidade trascende a canción elevándoos a categoría de grandes poetas. Son indiscutibles, incuestionables. Como se de deuses se tratara, máis que seguidores, teñen fieles.
Desde as 12 da mañán ás 12 da noite.
XOVES 24 DE SETEMBRO:
- “XENIOS DO BRASIL”
A aportación de Brasil a música popular é inconmensurable. Só hai que pronunciar Bossa Nova para comprender o que ese país lle regalou o mundo. Nomes como Jobín, Vinicius, Gilberto, Milton Nascimento, Ellis Regina, Chico Buarque, Tom Ze, Caetano Veloso, María Betania… por si sós evocan a fonte inagotable e fasciante da música brasileira.
Desde as 12 de mañán ás 12 da noite.
Proxeccións no local do cineclube UTOPÍA CINEMA r/ do Pracer 19 sótano Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario