viernes, 18 de julio de 2008

A NOSA ARMA É A PALABRA

Unha canción dun grande compositor chileno, Osvaldo Torres, lembra o tempo en que: A memória era o libro, e a palabra era un rio que baixaba do avó ao pai e do pai ao fillo.
Esta frase fala-nos da importáncia da comunicación (ou sexa, a transmisión de coñecementos e sentimentos), dentro da comunidade e tamén dunha xerazón a outra.
Nun pobo sen escritura, só a tradición oral era capaz de manter viva a cultura e a memória. Os griots, antigos poetas-músicos africanos que cumplían esta función educativa na tribo, contaban unha história en verso, rimando-podia ser unha lenda, un mito, un conto chistoso, ou a história dunha família. Todos os seus poemas tiñan unha moraleja, un ensino, sabedoria. Estas son as orixes, as raices profundas do rap. Rap non é unha música, se non unha forma literária, metade poesia, metade conto, co seu próprio rítmico e fonético. Pode-se rapear sobre calquera tipo de música, desde o mais étnico até o mais contemporáneo. Ademais, o rap, ao chegar a un país determinado, toma as características musicais, jergas, ritmos e contidos do lugar, e acaba sendo parte da identidade local, tan natural como o linguaxe universal, as palabras mesmas. neste sentido, hai unha forte conexión entre África e América encanto á importáncia cultural da rima e o canto.





O rap ademais ten unha faceta competitiva e divertida no cual dous rapeiros (ou MCs) "batallan" ao facer versos improvisados (freestyle), cada un tentando superar ao outro. É unha tradición que atopa as suas raices nos xogos orais dos escravos africanos en Norteamérica, que pasaban o tempo inventando pequenos chistes ou rimas (moitas veces para ofender ao amo de forma oblícua, ,ja! humor subversivo!). Até a palabra "rap" significa falar, chacharear, huevear, no fondo é como "tirar tallas", divertir-se cos ditos, a picardia e a creatividade do linguaxe popular. Esta improvisación rimada ten parentes moi cercanos en distintos tipos de poesia tradicional latinoamericana, como as coplas de Colombia, as inesquecíbeis competéncias de destreza vogal e verbal dos mexicanos Jorge Negrete e Pedro Infante, as bombas puertorriqueñas, ou mais , a paya en Chile. Os payadores pratican esta mesma arte de improvisar versos en competéncias amistosas: descreben realidades locais, contan histórias, mesmo denuncian inxustizas sociais. Por iso os rapeiros consideramo-nos "payadores da nova era".
¿Cando nace o rap? Ninguén sabe con seguranza, pero unha vez un grande músico, o mestre Quincy Jons, dixo que se lembraba que cando neno escoitaba xovens rapeando na esquina do seu bairro allá polos anos 30. O mesmo Jons dixo tamén que a história da música afro-americana é como un iceberg de xelos moi profundos (as raices africanas, espirituais, gospel, blues, jazz, rock, funk), onde o rap é a ponta do iceberg. Desde a chegada do rap, non se criaron novos tipos de música nesta tradición, só xurdiu a fusión delas. E cando o rap atinxiu finalmente o praza mundial (despois de anos de olladas suspeitosas), provocou un verdadeiro estoupido cultural, político e social.

Pero falemos tamén que din as letras de rap hoxe. Greg Tate, un poeta, xornalista e músico, unha vez escrebeu que o hip-hop é "o inverso do capitalismo, o reverso do colonialismo... É o mundo que construiu o amo de escravos, pero transformado por un golpe futurístico negrificado. Mentres o capitalismo di-nos que o valor dunha persoa está na sua conta bancaria e a montaña de bens que acumula, o hip-hop naceu para nos lembrar que o verdadeiro barómetro do valor humano é a profundidade da sua alma.
Mentres o colonialismo, en todo o mundo, pariu un tipo de inxustiza tras outro (racismo, clasismo, machismo, etc.), o hip-hop concebiu-se nos blocos, as povoazóns, e as mediaguas para unir ritmo e mensaxe, co obxectivo de unificar á xente dentro e a través de tribos e raias raciais".

O rap, sen dúvida, é a cara da cultura hip-hop, e o rap político é a eséncia verdadeira deste fenómeno mundial, ainda que hoxe os grandes selos transnacionais só mostran a cara do rap que eles queren mostrar; por exemplo, o gangsta rap, (rap que fala só de pandiñas, diñeiro e sexo). Sen embargo, non poderán tapar nunca o rap mas radical... o rap do ghetto, da pobla, fresco e bullicioso... ése que contén amor e rebeldia... ése que fan os que ainda manteñen o contacto coa sua comunidade (e coa realidade)... Son eses rapeiros que din "Libertade a Mumia" en EEUU e "Xuízo aos culpabeis" en Sudamérica... os que tocan para reunir fondos para escolas, centros culturais e organizacións comunitarias... rapeiros que asumen a responsabilidade da sua mensaxe: positividade e educación para a comunidade... ése é o verdadeiro rap, o verdadeiro hip-hop, o que non se vende, se non que se vende... En definitiva, sentimos que un verdadeiro rapeiro non é o que nace para ser estrela, se non o artista-loitador que nace novamente cada dia, que nace hoxe como un griot do futuro, criando arte capaz de revolucionar o seu tempo e energizar o seu pobo, de manter vivas as tradicións de resisténcia e comunidade, transmitindo-as ás novas xerazóns... O rapeiro de hoxe debe tomar o seu destino nas suas próprias mans, conservando a memória, o orgullo, a loita, a identidade, a cultura, e sobre todo as utopias...

No hay comentarios: