martes, 1 de enero de 2008

Utopía Son 3

UTOPÍA SON 3


Xa está aberto o prazo de inscripción para participar na III mostra da canción de autor no Café Uf (c/Pracer 19 Vigo).


A MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR “UTOPÍA SON” CONVOCA A SUA TERCEIRA EDICIÓN.


UTOPÍA SON consolídase como unha mostra onde todos os compositores de cancións, sexa cal for o seu estilo, poden presentar as súas composicións. UOPÍA SON desenvolverase ao longo de catro meses, de Xuño a Setembro, no escenario do café UF, na rúa Pracer nº 19 de Vigo. UTOPÍA SON é non só un concurso. Durante eses catro meses que dura, abárcase todo tipo de manifestacións relacionadas coa canción: exposicións de pintura e fotografía, charlas e debates, ciclos de documentais, ciclos de cine musical e concertos filmados, libros, exposición-audición de vinilos e CDs, revistas, seminarios etc. Paralelamente programaranse actuacións fóra de concurso de todos aqueles autores que prefiran non competir pero si apoiar á mostra. O prazo de inscrición para esta terceira edición REMATA O 31 DE MARZO. As bases do premio pódense pedir no Café Uf, ou consultando as seguintes direccións: http://utopiason3.blogspot.com/ OU http://www.nodo50.org/utopiaforo/utopia-foro1.htm
Cada mostra de UTOPÍA SON leva unha dedicatoria, este ano decidiuse dedicala a denunciar a violencia machista. É polo que outorgaremos un premio especial, dotado de 300 €, á canción que denuncie mellor este lento xenocidio. O primeiro premio, á mellor canción, será de 600 € e o 3º de 300 €. Os tres premios recibirán un trofeo que como xa é habitual consistirá nun “SIREO”.