Este sábado dia 27 de setembro celebrará-se o concerto final e a entrega de prémios da III Mostra de Canción de Autor.
Estes son os trofeus doados e realizados pola ceramista Pilar Rubio Peixoto.
+ 1
PREMIOS
UTOPÍA SON III
O xurado de UTOPÍA SON decidiu deixar deserto o premio na categoría de MELLOR CANCIÓN EN GALEGO.
Isto levounos a otorgar dous primeiros premios na categoría de MELLOR CANCIÓN ENCALQUERA IDIOMA.
As duas cancións gañadoras neste apartado, foron:
YING-YANG de Alberto López e
OLVIDASTE LO IMPORTANTE de Fátima Baña
No apartado de MELLOR CANCIÓN QUE DENUNCIA A VIOLENCIA DE XÉNERO decidiu otorgar o premio ex aequo as cancións:
NO MERECEN VIVIR de Expediente Oculto e
LEVANTA LA MANO de AKA Golpe Letal
Desexamos reiterar que as cancións elexidas poderían ter sido canquera outras. A decisión (dende logo discutible) foi tomada polo que nos sinceiramente consideramos que era máis xusto tendo en conta o noso humilde criterio.
Pero pensamos que o mellor de UTOPÍA SON non son os premios se non participar nun bon e amplo proxecto en favor da canción de autor en todas as suas formas, consolidar un punto de encontro no que os distintos intérpretes podan expor as suas creacións.
Nos pensamos que o mellor premio que podemos darlle aos participantes son todas esas actividades, relacionadas coa canción de autor, que se desenrolan ao longo deses catro meses que dura UTOPÍA SON. Ciclos de cine e canción, libros, publicacións, filamacións, documentais, conferencias, maratóns temáticos, discos etc., todo o relacionado co mundo da canción onde os que realamente desexan convertirse en bos compositores poden aprender e superarse. Cousa bastante necesaria.
Desexamos felicirtar tanto aos gañadores desta terceira mostra como a todos os participantes, e dende logo ao público.
A todos , grazas.
YING-YANG de Alberto López
OLVIDASTE LO IMPORTANTE de Fatima Baña
- Mellores cancións que denuncian os malos tratos, ex aequo para:
NO MERECEN VIVIR de Expediente oculto
LEVANTA UNA MANO de AKA Golpe Letal
O concerto da entrega de premios tera lugar o Sábado 27 ás 23 h.
Entrada libre até completar aforo
2 comentarios:
SUPOÑO QUE O PRIMEIRO PREMIO FICA DESERTO!!!
NON HABÍA ALGO EN GALEGO?
PARABÉNS AOS FINALISTAS E Á ORGANIZACIÓN.
SÍ, HABÍA ALGUNHA CANCIÓN EN GALEGO. PERO NON NOS SATISFIZO O SUFICIENTE (SEMPRE SEGÚN O DISCUTIBLE CRITERIO DOS XURADOS) COMO PARA DARLLE O PREMIO MÁIS IMPORTANTE DE UTOPÍA SON.
NON ESTAMOS DISPOSTOS A QUE NON SE MANTEÑA O NIVEL POSTO POR "ATAQUE ESCAMPE" NA PRIMEIRA MOSTRA E POR YOHSVAY PALMA NA SEGUNDA.
TAMPOUCO ESTAMOS DISPOSTOS A MAQUILLAR UNHA REALIDADE QUE POR MUITO QUE NOS DOA É A QUE É. CREMOS QUE DE TODOS OS PARTICIPANTES EN UTOPÍA SON III A CASE TOTALIDASDE NON ERA GALEGO FALANTE. E QUE A CASE A TODOS OS TEMAS ESTABAN EN CASTELÁN. A PESAR DE QUE O PREMIO PARA A CANCIÓN EN GALEGO ERA O DOBLE QUE O DE CASTELÁN. TAMÉN COÑECEMOS O FEITO DE QUE PARTE DOS PRESENTADOS A MOSTRA FIXERON ESFORZOS POR CANTAR E COMPOR EN GALEGO.
ESTA E A DURA REALIDADE E PENSAMOS QUE EN NADA CONTRIBUIMOS A ARRANXALA OCULTÁNDOA OU OAUTOENGANÁNDONOS.
E POSIBLE QUE O SECTOR MÁIS CONCENCIADO LINGÜÍSTICAMENTE, MÁIS NACIONALISTA, OU NON CANTE, OU NON COMPOÑA, OU PASE DE "UTOPÍA SON".
SON COUSAS QUE SE ESCAPAN AS NOSAS POSIBILIDADES.
NOS ORGANIZAMOS UNHA MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR CON RIGOR, CON CALIDADE, QUE ENGLOBA TODO O RELACIONADO COA CANCIÓN DE AUTOR, QUE TEN REPERCUSIÓNS NOS MEDIOS, E É UN APOIO PARA OS QUE PARTICIPAN E OS QUE GAÑAN, QUE SE REALIZA NA SUA TIOTALIDADE SEN SUBVENCIÓNS E QUE É ESTÁ CUIDADA EN TODOS OS DETALLES. O RESTO POR DESGRACIA XA NON DEPENDE DE NOS.
UTOPÍA FORO
Publicar un comentario