miércoles, 24 de septiembre de 2008

FINAL


Este sábado dia 27 de setembro celebrará-se o concerto final e a entrega de prémios da III Mostra de Canción de Autor.

Estes son os trofeus doados e realizados pola ceramista Pilar Rubio Peixoto.

+ 1

PREMIOS

UTOPÍA SON III

O xurado de UTOPÍA SON decidiu deixar deserto o premio na categoría de MELLOR CANCIÓN EN GALEGO.
Isto levounos a otorgar dous primeiros premios na categoría de MELLOR CANCIÓN ENCALQUERA IDIOMA.
As duas cancións gañadoras neste apartado, foron:
YING-YANG de Alberto López e
OLVIDASTE LO IMPORTANTE de Fátima Baña
No apartado de MELLOR CANCIÓN QUE DENUNCIA A VIOLENCIA DE XÉNERO decidiu otorgar o premio ex aequo as cancións:
NO MERECEN VIVIR de Expediente Oculto e
LEVANTA LA MANO de AKA Golpe Letal

Desexamos reiterar que as cancións elexidas poderían ter sido canquera outras. A decisión (dende logo discutible) foi tomada polo que nos sinceiramente consideramos que era máis xusto tendo en conta o noso humilde criterio.
Pero pensamos que o mellor de UTOPÍA SON non son os premios se non participar nun bon e amplo proxecto en favor da canción de autor en todas as suas formas, consolidar un punto de encontro no que os distintos intérpretes podan expor as suas creacións.
Nos pensamos que o mellor premio que podemos darlle aos participantes son todas esas actividades, relacionadas coa canción de autor, que se desenrolan ao longo deses catro meses que dura UTOPÍA SON. Ciclos de cine e canción, libros, publicacións, filamacións, documentais, conferencias, maratóns temáticos, discos etc., todo o relacionado co mundo da canción onde os que realamente desexan convertirse en bos compositores poden aprender e superarse. Cousa bastante necesaria.
Desexamos felicirtar tanto aos gañadores desta terceira mostra como a todos os participantes, e dende logo ao público.
A todos , grazas.

YING-YANG de Alberto López

OLVIDASTE LO IMPORTANTE de Fatima Baña

  • Mellores cancións que denuncian os malos tratos, ex aequo para:

NO MERECEN VIVIR de Expediente oculto

LEVANTA UNA MANO de AKA Golpe Letal

O concerto da entrega de premios tera lugar o Sábado 27 ás 23 h.

Entrada libre até completar aforo


Woody's Guitar




CAMIÑO ARDENDO, ARDENDO (Yunus Enre - Woodys Guitar)


BEN YÜRÜRÜM YANA YANA
ASK BOYADI BENI KANA
NE ÂKILEM NE DÎVÂNE
GEL GÖR BENI ASK NEYLEDI

ARDENDO POR CAMIÑOS VOU
AMOR DE SANGUE ME PINTOU
NIN CORDO NIN TOLO ESTOU
ISTO FIXO DE MIN O AMOR

FURIOSO VENTO AS VECES SON
OS CAMIÑOS QUE ANDO SON
COMO RÍO DESVOCADO SON
ISTO FIXO DE MIN O AMOR

COMO O BERRO DAS ONDAS SON
TI FERÍCHESME O PULMÓN
SE TE LEMBRO PRANTO SON
ISTO FIXO DE MIN O AMOR

CÓLLEME AGORA DO CHAN
OUTRA VEZ A TI FAIME CHEGAR
RISOS POR BÁGOAS VAS MUDAR
ISTO FIXO DE MIN O AMOR

NOS PAÍSES TODOS BUSCO
EN TODAS LINGUAS PREGUNTO
¿QUEN ME ENTENDE? QUE LONXE ESTOU
ISTO FIXO DE MIN OAMOR

COMO UN DESTERRADO VOU
CO MEU SOÑO DOENTE VOU
A TRISTURA ME DESPERTOU
ISTO FIXO DE MIN O AMOR

SON YUNUS ENRE O POBRE
FERIDAS MEU CORPO COBREN
PERDIDO O AMOR ME DESCOBRE
ISTO FIXO DE MIN O AMOR


WOODY´S GUITAR

miércoles, 17 de septiembre de 2008

José Morales + Babel




Cesar Karde (percusión), Joseph Sieguel (violin), Jose Morales (guitarra,voz)

Poquito a poco

martes, 9 de septiembre de 2008

martes, 2 de septiembre de 2008

Programación Setembro




  • CONCERTOS:

Venres 5 ----- JIT ás 24 h.
Sábado 6 ---- Woody´s Guitar ás 24 h.
Venres 12 ---- Yhosvsny Palma ás 24 h.
Sábado 13 --- José Morales ás 24 h.
Sábado 20 --- Rodrigo Larrigue ás 24 h.

  • MARATÓNS MUSICAIS

XOVES 4 DE SETEMBRO: “12 HORAS CON… COHEN, DYLAN, WAITS”
O tres grandes xenios da canción en inglés. Son outra cousa. A sua calidade trascende a canción elevándoos a categoría de grandes poetas. Son indiscutibles, incuestionables. Como se de deuses se tratara, máis que seguidores, teñen fieles.
Desde as 12 da mañán ás 12 da noite.

XOVES 25 DE SETEMBRO: “XENIOS DO BRASIL”
A aportación de Brasil a música popular é inconmensurable. Só hai que pronunciar Bossa Nova para comprender o que ese país lle regalou o mundo. Nomes como Jobín, Vinicius, Gilberto, Milton Nascimento, Ellis Regina, Chico Buarque, Tom Ze, Caetano Veloso, María Betania… por si sós evocan a fonte inagotable e fasciante da música brasileira.
Desde as 12 de mañán ás 12 da noite.

  • CICLO SOBRE A MULLER NA CANCIÓN

Mércores día 3 ás 20 h. AYO “AT THE OLIMPIA”
ás 23 h. NINA SIMONE “A RONNIE SCOTT’S”
Mércores día 10 ás 20 h. VIOLETA PARRA
ás 23 h. MERCEDES SOSA “EN VIVO EN BUENOS AIRES”
Mércores día 17 ás 20 h. BESSIE SMITH “TEH BLUES”
ás 23 h. ELLA FITZGERALD “AT THT CÔTE D’AZUR”
Mécores día 24 ás 20 h. NORAH JONES “LIVE IN NEW ORLEANS”
ás 23 h. BJORK “INSIDE”

  • CICLO: CINE MUSICAL

Martes 2 ás 22,30 “TOGETHER” de Chen Kaige.
Martes 9 ás 22,30 “GILDA de Charles Vidor.
Martes 16 ás 22,30 “MI NOMBRE ES BACH” de Dominique Rivaz
Martes 23 ás 22,30 “ONCE” de John Carney
Martes 30 ás 22,30 “CRUZANDO EL PUENTE” de Fatih Akin

Organizado polo CINECLUBE UTOPÍA CINEMA (r/do Pracer 19 sótano Vigo)