lunes, 26 de mayo de 2008

Comeza "Utopía Son III"



A terceira edición de "Utopia Son" comeza con tres concertos :


  1. Sanson Opare (Ghana) hip-hop. O venres dia 30 de maio ás 23,30 h.
  2. Morau (Andoni Tolosa) de Euskal Herria presenta ou seu último disco "KALAMIDADIAK" . Sábado 31 de maio ás 23.30 h.
  3. Ataque Escampe gañadores dá 1ª Mostra de Canción de Autor "Utopia Son" apresentan ou seu disco "Galicia es una mierda" . Sábado 7 de xuño ás 23´30 h.


jueves, 15 de mayo de 2008

Maio do 68




“Per unes quantes hores ens várem sentir lliures, i qui ha sentit la llibertat té més forces per viure. De ben lluny, de ben lluny, arribaven totes les esperances, i semblaven noves, acabades d’estrenar; de ben lluny les portávem”.



É moi probabel que na memória colectiva de quenes viveron aquel ano ficase como acontecimento mais simbólico do modesto "maio español" o recital que o cantante Raimon deu o 18 de maio na Faculdade de Ciéncias Políticas e Económicas da Universidade de Madrid. En efeito, ese acto, celebrado finalmente coa autorización do decano pese ás presións policiais, transformou-se nunha verdadeira asamblea multitudinária non só de estudantes se non tamén de xovens traballadores que empezaban a construir as primeiras Comisions Obreiras Xuvenis e que por primeira vez entraban nun recinto universitário. no transcurso do mesmo o apoio á figura do Che, vítima do exército bolivano en outubro do ano anterior, ou á "Comuna" estudiantil francesa e á sociedade vietnamita, xunto á denúncia da ditadura e da oligarquia española, foron algunhas das suas manifestacións mais destacadas. Á saída dese acto a cadráncia dun grupo de manifestantes na estrada Da Coruña co carro en que viaxaba a princesa Sofía xenerou momentos de pánico na "ilustre" pasaxeira e a sua escolta que se converteron entón na anécdota da xornada; pero, mais alá dese incidinte, o eco desas accións non pudo ser silenciado pola prensa e correu por todo o país. A canción que dedicou Raimon anos mais tarde a ese acontecimento ("18 de maig á 'Vila'") contribuiria a facer imborrabel a sua lembranza.

martes, 6 de mayo de 2008